Código
65CU
Horas
12
Fecha
06 Oct 2022
07 Oct 2022
Precio
Entrada libre
Tipo
Encuentro
Temática
Artes y Humanidades
ECTS
0,5
Lugar de impartición
Curso online
Dirección
María Cecilia Marchetto SantorunInvestigadora Doutorada pola Universidade de Santiago de CompostelaSecretaría
Silvia Longueira CastroDirectora Fundación Luis SeoaneDescripción de la actividad
GRATUITO CON INSCRIPCIÓN PREVIA EN: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
CURSO ONLINE
William Blake é unha icona do Romanticismo anglofalante que influíu en referentes da poesía en inglés como W. B. Yeats e Allen Ginsberg, pero tamén cruzou fronteiras, atraendo a poetas do mundo hispanofalante como Juan Ramón Jiménez ou Luis Cernuda, ademais de moitos outros artistas europeos, convertíndoo nun referente obrigado de calquera artista interesado na visión imaxinativa, a rebeldía poética e a integración da palabra e a imaxe. Nunca antes se explorara que Blake puidese ter influencia na nosa cultura ou literatura galegas por medio do rito de paso poético que é ler a Blake, pero se pescudamos nas cartas e na obra de Luís Seoane—o mellor análogo posible de Blake en Galicia, por gravador e poeta—, nos ensaios de Plácido Castro ou nas traducións de Cunqueiro, é posible ver que Blake formou parte do esforzo dos artistas galegos por universalizar Galicia e a lingua galega. Todos eles indican que a inspiración en Blake pode ser de relevancia para entender certos aspectos da conformación da literatura galega durante unha etapa da súa historia e a interacción dos artistas galegos con otras.
Este curso está aberto a estudantes de grao, máster ou doutoramento, investigadores e profesores de calquer ámbito e nivel, así como a artistas, creadores, axentes do ámbito cultural, museístico e de patrimonio, e o público xeral que poida estar interesado neste tema.